• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     26/05/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Unidade Asistencial de Drogodependencia

 

Contacto:

-Teléfono: 986 303 402
- Mail: uad@cangas.gal

 

Horario de atención ao público:

De 8:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00 horas. De Luns a Venres

 

Localización:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver mapa máis grande...

 

Dirección:

-Centro de Benestar Social do Concello de Cangas, Avda. de Orense, 46

 

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Cangas comezou a funcionar en abril de 1986. Foi legalizada como Centro Sanitario pola Consellería de Sanidade e homologada pola Xunta de Galicia en marzo de 1991.

Atópase ubicada no Centro de Benestar Social do Concello de Cangas, Avda. de Orense, 46 O horario regular de funcionamento e: De 8:30 a 14:30 y de 16:00 a 18:00 horas. De Luns a Venres.

Para actividades puntuais (grupos de pais, intervencions de tipo comunitario, talleres...) o horario pódese ampliar.

Pode porse en contacto con nos, tanto para solicitar información máis precisa como para consultar calquera dubida, nos teléfonos: 986 30 05 14 986 30 34 02 ou no e-mail: uad@cangas.org

 

Área de influencia e poboación á que se dirixe

Todo tipo de persoas, residentes nos Concellos de Cangas, Moaña e Bueu, con problemas relacionados co consumo de drogas legais (alcohol, tabaco, tranquilizantes…) e ilegais (cocaína, heroína, cannabis…), e outras conductas aditivas (ludopatía…). Así como familiares, colectivos e institucions que demanden orientación sobre o manexo destes problemas.

Enfoque teórico - práctico do tratamento

1. Biopsicosocial e Interdisciplinar: Un médico, dous psicólogos clínicos, unha traballadora social e dous auxiliares de clínica.

2. Personalizado: non se considera a conducta aditiva como único diagnóstico. O tratamento e individualizado, centrado nas particularidades de cada persona atendida, que ten o seu propio Plan Terapéutico Personalizado.

3. Científico-profesional: os procedementos e técnicas de tratamento son aplicadas por profesionais cualificados seguendo bases científicas.

4. Ambulatorio: Utilízase de preferencia un tratamento ambulatorio, tendente a abordalas problemáticas e o cambio de estilo de vida no lugar onde reside a persoa. Ocasionalmente pode recurrirse a fases semirresidenciais (Unidade de Día de "Alborada" en Vigo;) ou residenciais (Comunidade Terapéutica "Alborada" en Tomiño ou Unidade de Desintoxicación Hospitalaria do Hospital Nicolás Peña en Vigo),

5. Automotriz: implicando ás persoas activamente no seu proceso de tratamento e promovendo a sua responsabilidade e autonomía.

6. Ético: coidando o respeto polo código deontolóxico de cada profesión, polas persoas a tratamento, e, por suposto, mantendo unha intervención aconfesional e apolítica.

Metodoloxía

As persoas que van a realizar por primeira vez un tratamento ingresan no Programa de Acollida, baseado na valoración da demanda.

A cada persoa asíganselle un Psicólogo de Referencia. A relación co psicólogo basease nun clima de aceptación, de aprecio a sua realidade concreta, de apoio, pero enfocada hacia a apertura á realidade e o abordaxe das problemáticas propias.

A participación e colaboración da familia no tratamento, considerase fundamental, ainda que non imprescindible.

O psicólogo, xunto coa propia persoa, o médico e a traballadora social, acordan o programa a seguir dos posibles que se relacionan a continuación:

A. Programa de Tratamento con Derivados Opiáceos: entre outras medidas terapéuticas, basa o seu desenrolo na administración de fármacos agonistas opiáceos (metadona…), co fin de facilitalo abandono ou reducción do consumo de opiáceos prever o deterioro asociado o mesmo. A sua finalidade e facilitala participación nun programa global que fomente a sua incorporación social.

B. Programa de Tratamento con Antagonistas Opiáceos: caracterízase pola utilización dunha sustancia antagonista opiácea, a naltrexona, que bloquea o acceso dos opiáceos os seus receptores, impedindo os efectos da heroína e outros opiáceos.

C. Programa para Dependentes a Psicoestimulantes: para personas con abuso e dependencia a psicoestimulantes, cocaína e drogas de síntese especialmente, que integra intervencions médicas, psicolóxicas e sociais.

D. Programa de tratamento con Interdictores do Alcohol: dirixido a dependentes do alcohol, que podan beneficiarse dunha medida de contención farmacolóxica en relación co desexo de consumo, co obxetivo de facilitala abstinencia ó alcohol.

E. Programa de Tratamento Libre de Drogas: orientado á abstinencia, non utiliza ningún fármaco específico para o abordaxe da conducta aditiva, facendo fincapé na aplicación de intervencions psicoterapéuticas, sociais e farmacolóxicas. Acompañando ós programas existen estratexias específicas de actuación para conseguilos obxetivos propostos, son as intervencions: individuais (psicoterapia, terapia de apoio...), familiares, intervencions médicas, visitas domiciliarias, intervencións sociais e xudiciais, terapias de grupo, grupos de pais, controles de detención de drogas en orina, etc.

 

 

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050