• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     20/02/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Semana Santa en Cangas


entrada Introducción
entrada Cofradías
entrada Semana Santa 2015

 

intro Introducción

A Semana Santa de Cangas constitúe unha celebración de renombrada solemnidade en toda a provincia, sendo unha das máis importantes de toda a Comunidade.


Procesión  da Virxe dos DoresDa súa antigüidade, cabe dicir que é unha celebración históricamente consolidada na nosa vila, de gran arraigamento popular e carácter participativo, datando a Cofradía da Virse dos Dolores e da Soledad,la do Stmo. Cristo do Consplo e la da Misericordia do século XVIII. Cabe resaltar o feiro da celebración do 250 aniversario da fundación canónica da "Venerable Hermandad de la Sta. Virgen de los Dolores y de la Soledad", no ano 1998.


A vistosidade das súas procesións, o recollemento dos fieis e as artísticas imáxes, fan da nosa Semana Santa unha manifestación do vivir dunha vila mariñeira que ao longo da súa historia foi enriquecendo unha maneira de sentir a súa devoción relixiosa, con sensibilidade e bo gusto.

 

Descrición dos actos

Venres de Pasión

É o comezo da Semana Santa en Cangas, de gran arraigo na vila ata o punto de considerala festivo local. Comeza cunha misa maior e culminan os actos litúrxicos cunha magna procesión da Virxe, nun artístico trono baixo palio.

Domingo de Ramos

Día no que a xente da vila se congrega nos Xardíns de Félix Soage, para recibir a bendición das palmas e dende onde posteriormente, parte a procesión hacia o Templo, coa imaxe de Xesús montado na borriquilla, figura que goza de gran cariño entre os fieis sobre todo entre os de menor idade.

Mércores Santo

Este día sae dende o Templo a “Procesión de la Soledad de María” coa imaxe da Soledad acompañada por mulleres da vila e tambores cofrades nun percorrido polo casco antigo que realiza unha parada na Praza do Sinal onde ten lugar unha ofrenda á Virxe.

Xoves Santo

Pola tarde, presidida pola valiosísima cruz procesional de prata e ouro sae a Procesión da Santa Cena, na que destacan pasos como o da Santa Cena obra do célebre Ignacio Cerviño, “La Oración del Huerto” ou “La Flagelación” fermoso conxunto de tres imaxes. Pechando a procesión o trono da Virxe dos Dolores baixo palio.

 

Paso da mesa
Paso da Mesa
Domingo de ramos
Procesión ata o templo

Venres Santo

O día cumbre da Semana Santa comeza coa procesión matutina conocida como “La Negación de San Pedro”. O máis notable desta procesión é que busca comprometer á xuventude coa Semana Santa, así a imaxe de San Pedro é acompañada principalmente por xente nova e tambores cofrades.

Posteriormente a “Procesión del Santo Encuentro”, integra varios pasos que simulan o Calvario de Cristo. As imaxes articuladas de San Juan, La Verónica xunto coas tres Marías e a Santísima Virxe dos Dolores van aparecendo das diferentes rúas do Casco antigo para atoparse na praza da Constitución co paso do Nazareno que é acompañado do Cirineo e de saións romanos, ao tempo que o predicador vai relatando os pasaxes históricos xunto coas tres caídas representadas pola imaxe do Nazareno.


Nazareno
O Nazareno
Imaxes
Imaxes


Pola tarde, xa no Templo, ten lugar o “Descendimiento”, no que a impresionante imaxe articulada do Cristo é “desclavada” e depositada nunha furna de cristal aos pes da Virxen dos Dolores a quen acompaña San Xoan. O acto convértese nunha escena de emotivo realismo. Pola noite, celébrase a procesión do “Santo Entierro”. As imaxes de San Xoan, as Piadosas Mulleres, o impresionante Xesús Crucificado, o paso da Piedade, a furna co Cristo Xacente e o fermoso trono da Virxe da Soledad pechan esta procesión.

 

Procesión Nocturna
Procesión
Procesión
Procesión
   

El punto y final del Viernes Santo lo pone la “Procesión del Silencio”, siempre celebrada a las doce de la noche de este solemne día, en la que el Cristo del Consuelo es acompañado en completa devoción y silencio y como única iluminación las velas de los fieles y de las imágenes. Solamente los tambores marcando el paso y prietas filas de cofrades, vestidos con sus anónimos uniformes, con la peculiaridad en este caso de llevar el capirote caído.

 

Procesión
Procesión
Procesión
Procesión

 

Cristo xacenteSábado de Gloria

El Sábado Santo es el día de la Sepultura de Jesús, el día de espera litúrgica y silenciosa junto al sepulcro. El templo parroquial se prepara para el velatorio con el altar desnudo y las luces apagadas. Las imágenes de la Santísima Virgen de los Dolores, junto con San Juan, María Magdalena, Verónica y las Piadosas Mujeres velan a Jesús. Se respira un ambiente de fervorosa espera llena de paz y cargada de esperanza.

 

Domingo de Pascua

El domingo de Pascua es un día de alegría entre los fieles ya que celebra la resurrección de Cristo, que se escenifica en Cangas con la “Procesión de Cristo Resucitado”. Esta trata de ser una representación más fiel del texto que narran los evangelios y parte de la Casa de las Novenas en lugar de la Excolegiata como el resto de imágenes, para, tras su recorrido por el pueblo, finalizar en el mismo punto con tirada de bombas y suelta de palomas.

subir

 

intro Cofradías

frecha Irmandade da Virxe das Dores e da Soidade

A Venerable Irmandade da Stma. Virxe dos Dores foi fundada no ano 1748, a instancias do prior da Colexiata de Cangas, Don Ramón Tabarés Saavedra, que encomenda ó R.P. Juan de Cenzano, da Compañía de Xesús do Colexio de Pontevedra a súa constitución.
Esta Confraría, chamada tamén da “Boa Morte”, absorbe no seu día á xa existente da Soidade, con tódolos seus bens e caudais, e disfruta de indulxencias plenarias dadas por los papas Clemente XI, Inocencio XI e Benedictino XIII. Na actualidade, a Irmandade da Virxe das Dores e da Soidade, conta con máis de dous mil irmáns e constitúe a súa festividade, o Venres de Pasión, un dos maiores acontecementos litúrxicos da parroquia.
A súa imaxe titular, a Virxe das Dores, é unha fermosa talla das chamadas de “vestir” e data de 1805. Cando a Desamortización de Alvarez Mendizábal, as rendas desta congregación foron destinadas ó sostemento da única escola de nenos que tiña a vila e a imaxe foi aloxada no Salón de Sesións do Concello ata o ano 1919, no que é gardada nunha casa particular, dende onde en piadosa rogativa é levada tódolos anos ó Templo para a celebración do solemne Septenario na súa honra. Tamén é propiedade desta cofradía a Virxe da Soidade, imaxe de grande fermosura que data do século XVII e o precioso Cristo de Minerva, maravillosa escultura realizada en madeira de buxo e de autor anónimo.

frecha Asociación do Santísimo Cristo do Consolo

A invasión de piratas turcos e alxerinos, naquel triste día do 9 de decembro de 1617, en que foi arrasado e queimado o templo parroquial cos seus arquivos e imaxes a excepción do Cristo “que non quixo arder”, deixáronnos sen datos suficientes sobre a antigüidade desta Cofradía, que se cree é moi anterior a súa fundación. Temos algunha referencia do ano 1607 na que se denomina Cofradía da Fabricación do Santo Nome de Xesús, posto que a Fábrica da Igrexa apenas tiña rentas i era esta Cofradía a que provía todo o necesario.
É o 27 de abril de 1865, despois de cento cincuenta anos de silencio e inactividade, cando se constitúe formalmente a Cofradía do Bo Xesús o Sto. Cristo do Consolo, que perdura ata os anos cincuenta, no que por desavenencias entre a Xunta Directiva e o entón cura párroco, é disolta. No año 1990 promóvese de novo a constitución da actual Asociación.
A súa imaxe titular é o Cristo do Consolo, patrono da vila de Cangas. É unha talla de Xesús crucificado, de magnífica realización e obra do escultor de Santa Cristina de Cobres, Xoan Pintos, no ano 1769.
Os cultos na súa honra celebrábanse antigamente no triduo de Carnaval, pero despois da refundación no ano 1865, trasládase a súa festividade ó último domingo de agosto, con misa de exaltación da Cruz, e saíndo en solemne procesión, lucindo un valioso dosel bordado en ouro e pedrería.
Na Semana Santa, a impresionante imaxe do Cristo do Consolo, sae tamén o Venres Santo pola noite, pero esta vez sen dosel, resaltando así a figura do Crucificado, nun paso que inspira gran recollemento e admiración.

frecha Confraría da Misericordia

A Confraría da Misericordia foi fundada polo Gremio de Mareantes da vila de Cangas no ano 1709. O seu fin era atende-las necesidades espirituais dos traballadores do mar. A imaxe titular desta antiquísima Cofradía é a de San Xosé, abogado da Boa Morte, e a da súa patroa por excelencia, a Virxe do Carme.

Dado o lóxico arraigamento desta Confraría nun pobo mariñeiro como Cangas, o seu poderío social i económico de entonces, gracias á súa participación nas partes da pesca de cada unha das embarcacións da vila, os cultos da vida relixiosa do pobo, teñen neste gremio un interesante impulsor. É a fins do século pasado cando, por encargo da confraría da Misericordia, ó mestre Cerviño, autor do coñecido “Cruceiro do Hío”, se lle encomenda unha importante labor, que cun equipo de carpinteiros i ebanistas voluntarios, renovasen as imaxes que ata a data saían procesionalmente en Semana Santa. Sería moi extenso describir eiquí a cantidade de episodios e anécdotas que se deron naquel taller-escola improvisado para un so fin, a Semana Santa articulada de Cangas.

Entre as tallas –“A Mesa dos Apóstoles”, o paso “Das Caídas” ou do Nazareno, co Cirineo e o centurión romano, paso éste articulado (Xesús cae e se levanta tres veces e ó centurión se lle moven os ollos), “As Marías “ San Xoan, “A Verónica” e “A Magdalena”- destaca a súa obra cume: “O Cristo do Descendemento”, articulado tamén e verdadeiro estudio anatómico da figura humana. Todas estas fermosas imaxes, froito do xenio dun autodidacta e do sentir dun pobo, fan que a Confraría da Misericordia, sexa a que ó longo dos anos ten contribuido máis ó realce da nosa Semana Santa.

frecha Agrupación de San Pedro

Foi fundada no 2003 por entusiastas da vila de Cangas que quixeron profesionar a figura de San Pedro, imaxe titular da mesma. Esta imaxe de estilo barroco e unha das máis representativas coas que conta a ExColexiata de Santiago de Cangas, é acompañada na madrugada do Xoves ó Venres Santo polas rúas da vila.
Grupos de xovenes, na súa maioría, acompañan con velas e antorchas a imaxe do Santo que se desplaza baixo o son do retumbar dos tambores. Trátase do prólogo do Venres Santo que se inicia coa celebración do Santo Encontro.

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050