Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


ÁBRESE O PRAZO PARA PREINSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE EMPREGO FORESTAL

ESTA SEMANA ÁBRESE O PRAZO PARA PREINSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE EMPREGO FORESTAL QUE PON EN MARCHA O CONCELLO DE CANGAS


A Concellería de Emprego do Concello de Cangas informa de que esta semana ábrese o prazo para que as persoas interesadas podan preinscribirse na Oficina de Emprego de Cangas como alumnastraballadoras do Obradoiro Dual de Emprego que promove o Concello de Cangas. Na próxima semana a Oficina de Emprego de Cangas realizará a sondaxe e preselección do persoal docente e de coordinación que vai contratar o Concello para desenvolver o proxecto, formado por un total de 4 traballadores/as.

A novidade deste Obradoiro Dual de Emprego, denominado Granxa da Rúa VIII, radica en que as especialidades que o compoñen son todas do ámbito Forestal, impartíndose concretamente os certificados de profesionalidade seguintes:


‐ Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309) e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (AGAR0208), nos que participarán 10 alumnos/as traballadores/as.


‐ Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEAD0411), no que participarán 10 alumnos/as traballadores/as.


Para a súa realización, o Concello de Cangas recibiu unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, por un importe total de 299.307 euros. Para conseguir esta financiación da Xunta de Galicia o Concello presentou un proxecto, elaborado no centro municipal da Casa de Oficios en colaboración cos Comunidades de Montes do Concello, optando por concorrencia competitiva á convocatoria de subvencións que anualmente publica a Administración Autonómica.

A Concelleira de Emprego de Cangas, Ánxela Vizoso, destaca o feito de que estes proxectos mixtos de formación e emprego fan posible que se poida contratar a persoas en situación de desemprego que, ao mesmo tempo, reciben unha formación homologada que lles permite obter uns certificados de profesionalidade con plena validez no mercado laboral. En concreto, neste Obradoiro de Emprego o alumnado que finalmente resulte seleccionado, en total 20 persoas en situación de desemprego, será contratado polo Concello de Cangas na modalidade de contrato para a formación, por un período de nove meses e a xornada completa.


Durante este tempo recibirán a formación teórico‐ práctica prevista nos certificados de profesionalidade, alternándoa ademais co desenvolvemento de traballos reais en diferentes espazos forestais das Comunidades de Montes do municipio.

Para ampliar información, as persoas interesadas poden dirixirse á Casa de Oficios do Concello (986304650).

A CONCELLEIRA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E EMPREGO LOCAL
ÁNXELA VIZOSO MARCOS.