Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Día da Mobilidade - Cangas 2018

        Paralelamente á nova desta semana coa confirmación do apoio económico por parte da Deputación Provincial ao proxecto de "Implantación do Eixo de Mobilidade Amable e Segura de Interconexión dos centros urbanos de Moaña e Cangas" (reforzo de alumeado, redución de velocidade, mellora do firme, limitación da velocidade e aceso, mellora da accesibilidade, fomento da andaina e exercicio saudable a través do paseo e bici,...), a celebración do Día da Mobilidade en Cangas desenvolveuse doblemente os días 21 e 22 de setembro.

      Os Camiños Escolares Seguros do Ceip Nazaret, un curso académico máis, foron os protagonistas na celebración deste Día da Mobilidade. Dende o Concello de Cangas – Concellarías de Mobilidade e Ensino, Policía Local – en coordinación coa Anpa, Profesorado e Alumnado do Ceip Nazaret, queremos poñer en valor o labor que están a desenvolver os distintos sectores da comunidade educativa do nomeado centro na continuidade deste servizo socio-comunitario-educativo.

   A celebración do Día da Mobilidade adiantouse á data lectiva do venres, día 21 setembro. Ás 8:40h. na contorna da Lonxa de Cangas, Anpa (recoñecemento público en especial ao labor desinteresado de Patricia - Anpa), Axentes da Policia Local e Concellarías, acompañarán ao alumnado no decurso do itinerario de ida na ruta activa actual: Avda. Montero Ríos, Avda. Vincenti, Praza da Constitución, Rúa Real, ata chegar ao propio centro. Patricia, a nai voluntaria, recibirá uns detalles de agradecemento polo seu labor e todo o alumnado será agasallado cunha gorra con referencia a este proxecto.

   Entre as 10.30 horas e 11.30 horas deste propio venres, o alumnado de 5º Curso de E. Primaria do Ceip Nazaret, acompañado dos seus titores, Luciano e José, P.Local e Concellarías, realizaron un percorrido dende o Centro ata o Concello de Cangas. No propio Salón de Plenos a Policía Local desenvolverá unha breve charla, acompañada dun xogo de deseño na Praza do Concello ata voltar ao Centro. A iniciativa de camiños seguros está enmarcada na concienciación social e promoción de educación vial co fin de minimizar os riscos e aumentar a seguridade, ademais de desenvolver a propia autonomía e responsabilidade persoal nos rapaces e rapazas de E. Infantil e Primaria. Neste proxecto foi moi importante a implicación da comunidade educativa, establecementos colaboradores nos itinerarios, nos labores de control e acompañamento. Sendo autocríticos cos obxectivos que nos tiñamos marcado, queremos retomar e facer unha clara aposta por impulsar esta proposta. Concellarías de Mobilidade e Ensino, Anpas dos Colexios, Oficina de Voluntariado, Polícía Local, Protección Civil, ao longo deste primeiro trimestre do novo curso escolar 2018-19, tratarán de mellorar e ampliar itinerarios e centros educativos, levando a cabo charlas informativas e de sensibilizacion, así como a sinalización e visibilización dos mesmos.

   O sábado, día 22 de setembro, Día da Mobilidade, celebrouse un acto en referencia á propia data. Como nos últimos anos, a Policía Local fomenta a sensibilización cidadán neste Día Sen Coches cara unha nova sociedade máis respectuosa co medio ambiente e a sustentabilidade. Na banda horaria de 14:30 a 16:00 horas, en horario de menor densidade de tráfico, instaláronse vallas de non acceso de tráfico na zona urbana máis céntrica.