Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Ludoteca Municipal

A Concellería de Xuventude ten a ben presentar a ludoteca, que se desenvolverá na Casa da Xuventude dende outubro do 2018 a maio de 2019.
 
Os obradoiros están orientados a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos que queiran participar nas súas actividades de luns a xoves 17.00 a 20.00h. Podendo anotarse dous, catro ou seis horas semanais; aboando unha cota única de 25, 40 ou 60 €, respectivamente.
 
Este ano ofértanse actividades novas como son teatro ou movemento, buscando así ampliar a oferta.
 
Este servizo persegue os seguintes obxectivos: proporcionar un espazo para favorecer desenrólo integral dos nenos/as.
  • Educar en valores.
  • Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social.
  • Espertar o pracer pola lectura, potenciando a animación e iniciación á lectura de maneira lúdica.
  • Concienciar da importancia da reciclaxe para contribuír coa nosa contorna e mellorar o noso medio ambiente.
  • Detectar precozmente condutas inadecuadas como agresividade, illamento, atraso na maduración, marxinación, e desenvolver estratexias para reconducilas e modificalas adecuadamente.
 
O prazo de inscrición comeza o luns 15 de setembro, e o curso iniciarase o vindeiro 15 de outubro.
 
Para que a matricula sexa efectiva haberá que presentar o formulario de inscrición, debidamente cuberto, na Casa da Xuventude de Cangas e aboar a correspondente cota.
 
Esta matriculación implica o dereito para participar nas actividades comúns propostas, de luns a xoves entre as 17.00 e as 20.00h.
 
As actividades son obradoiros de tempo libre temáticos, que se realizarán seguindo un fío condutor que enmarcará as actividades de cada mes.