Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Obradoiros de lecer para maiores 2018

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas informa:

Dende o luns 3 de setembro e ata o xoves 20 de setembro (ambos inclusive) estará aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros para persoas maiores en horario de 9:30-13:30h.


Todas as persoas interesad@s deben dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social sito na rúa Andalucia nº3, baixo, Cangas.

Son requisitos imprescindibles para apuntarse:

  • Estar empadroado/a no Concello de Cangas
  • Pagar 30 euros no momento da inscrición.
  • Ter mais de 55 anos: acreditando ser pensionista ou carecer de rendas, a excepción do subsidio de desemprego (e non ter traballado nos últimos 12 meses).

Os obradoiros ofertados son:

  • Informática
  • Ximnasia: Gatañal, Romarigo, Coiro e Aldán
  • Relaxación-Ioga:Cangas e Aldán
  • Pilates
  • Debuxo e Pintura
  • Bailes de Salón
  • Memoria: Cangas e Nerga

O Concello de Cangas pretende, un ano máis, enfocar estes obradoiros dirixidos a persoas maiores, cunha dobre función social: educativa e lúdica.

Os participantes benefícianse dos diferentes obradoiros propostos polo Concello de Cangas como unha alternativa para ocupar o seu tempo de lecer, dun xeito participativo, consciente e útil.