Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Proceso selectivo para a contratación de 10 persoas para o Servizo de Integración do Concello 2018

O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación de 10 persoas traballadoras, para o “Servizo de Integración do Concello de Cangas 2018” ao abeiro da subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria outorgada por resolución de data 12/06/2018, distribuídos do xeito que a continuación se pormenoriza:

  • 5 peóns de limpeza viaria
  • 4 peóns forestais
  • 1 peón albanel

A contratación será de carácter laboral e temporal, na modalidade de contrato temporal de interese social, cunha duración de contrato de 7 meses a contar desde a data da sinatura do contrato, a tempo parcial do 75% da xornada ( 28 horas semanais e sete minutos), cun salario bruto mensual de 1.052,77 euros.
As persoas contratadas estarán adscritos ao “Servizo de Integración do Concello de Cangas ano 2018”.

Descargas