Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Licitación subministro de 20 equipos informáticos

No día de onte, luns 28 de maio, fíxose público o anuncio de licitación de subministro de equipos informáticos para a Casa de Oficios tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica como no Perfil do Contratante.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o xoves 7 de xuño, xa que o prazo é de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio. Os criterios de adxudicacións baséanse no menor prezo ofertado e menor prazo de execución.

Cómpre especificar que todas as propostas deben ser entregadas nun sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello ou mediante envío por correo postal (xustificando a data e hora da imposición do seu envío na Oficina de Correos mediante aviso no correo electrónico apoioxuridico@cangas.gal).

Descargas