Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 1 técnico ou técnica de Turismo

O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación de 1 técnico/a para as oficinas de Turismo para o Concello de Cangas polo sistema de concurso - oposición libre en base á concesión ao Concello de Cangas da subvención convocada pola Axencia de Turismo de Galicia por resolución de 02/01/2018 (DOG nº 22 de 31/01/2018) para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de concellos declarados municipios turísticos para a contratación de persoal nas oficinas de turismo en concellos declarados municipios turísticos.

Os que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar no modelo de instancia que acompaña ás presentes bases dirixida ao Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, que deberá ser entregada no Rexistro Xeral, no prazo de dez días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, en horario de atención ao público.

Descargas