Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Tenencia responsable de animais de compañía

A Sociedade Protectora de Animais do Morrazo, en coordinación co Concello de Cangas –Concellarías de Ensino, Medio Ambiente e Servizos Sociais–, vai desenvolver unha Campaña de Concienciación Animal nos distintos centros educativos e sociais do municipio.

Baixo o título “Tenencia responsable de Animais de Compañía” o persoal da Sociedade Protectora de Animais pretende trasladar ao mundo educativo (alumnado de quinto e sexto de primaria durante os meses de maio e xuño de 2018) a escala de valores de responsabilidade e respecto ao mundo animal. Abandono e maltrato, importancia da identificación, obriga de levar os mesmos con correa, limpeza de excrementos, adopción,... serán algúns dos temas a tratar nas nomeadas charlas coloquios de carácter socio-educativo-mediambiental, que estarán acompañadas dunha presentación e vídeo sobre o tema. O alumnado asistente ás charlas será agasallado con bolis, chapas e diplomas da propia asociación.

Este ciclo de conferencias comezará o venres, día 4, no local do centro de Rehabilitación da Asociación DOA – Edificio Xoia – para continuar de seguido cos distintos centros educativos interesados durante a vindeira semana.

Solicítase aos Centros Educativos e Sociais de Cangas que estean interesados, a fin de concretar data e hora, poñerse en contacto con: Lorena – Sociedade Protectora de Animais – Teléfono de Contacto: 697 523 385.