Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Exposición PANIKO NA CAPELA 9.0 "ÁS VOLTAS COA CONTORNA"

Con motivo dos actos do Día Mundial da Saúde Mental 2018, chega á Capela do Hospital a Exposición PANIKO NA CAPELA 9.0 "ÁS VOLTAS COA CONTORNA", en homenaxe a Margarita Silva Parcero. O acto de inauguración será o vindeiro martes 9 de outubro ás 17:00 horas.

A exposición que este ano o colectivo artístico Pániko do C.R.P.L. Cangas amosa ao público trátase dunha reflexión sobre a contorna inmediata e a acción que as persoas, en sociedade, exercemos sobre ela. Decatarémonos que moitos obxetos de uso cotián ocupan espazos nos que non haberían de estar.

Na inauguración leerase o manifesto do colectivo protagonista das obras e do tema elixido este ano pola Federación Mundial da Saúde Mental e a Organización Mundial da Saúde baixo o lema "Educación Inclusiva, Saúde Mental Positiva".

Este ano, a conmemoración xira en torno á mocidade e a saúde mental, considerando que se trata dun asunto de gran relevancia de cara á prevención, á pronta abordaxe dos problemas de saúde mental e á sensibilización acerca desta realidade.

Queremos reivindicar unha educación que aposte polos valores, que traballe a diversidade e a inclusión e que teña en conta os retos dunha sociedade que cambia a gran velocidade, para conseguir así unha saúde mental máis positiva nas xeracións futuras.

 O horario de apertura da exposición dende ese día será o mércores 10 e xoves 11 de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 e o venres 12, sábado 13 e domingo 14 de 10:30 a 13:30. O domingo ás 12:30 farase un acto de clausura da exposición coa lectura dos mensaxes deixados polos visitantes na zona participativa.