• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     30/03/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

Auditorio Municipal

 

Auditorio de Cangas

Contacto:

-Teléfonos: 986304108
- Mail: auditorio@cangas.gal

 

 

 

Horario de atención ao público:

De 9:30 a 13:30 horas de Martes a Venres.

 

 

Programación:

http://auditoriomunicipaldecangas.blogspot.com/

 

 

Localización:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ver mapa máis grande...

 

 

Dirección:

-Avd. de Lugo, 27 36940 Cangas.

 

 

Venda de entradas:

entrada On line

www.servinova.com
Teléfono: 902 504 500.

entrada O día da función

Despacho de billetes do auditorio: dúas horas antes do comezo do espectáculo.

 

Plano de distribución de butacas:

PDFPlano (96KB)

 

entrada INFORMACIÓN DO AUDITORIO
Sala - teatro
Sala exposición
Actividade
Público


entrada GALERÍA DE FOTOGRAFIAS




entrada EQUIPAMENTO TÉCNICO
Plano do escenario
Dotación escénica.




 

 

Información do Auditorio

Auditorio de CangasEste espazo cultural inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde a súa apertura no elemento dinamizador e escenario por excelencia da actividade cultural do municipio; tendo grande repercusión sobre os concellos limítrofes: Moaña e Bueu, o que supón unha área de influencia de máis de 60.000 persoas, incluíndo os 25.000 habitantes do Concello de Cangas.

 

O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna cunha capacidade e características técnicas á altura dos auditorios máis emblemáticos de Galiza.

O volume da construción organízase en dous contedores de escala ben diferenciada; o menor que se interpón entre a sala e a rúa acolle as oficinas de xestión administrativa do propio auditorio e as aulas do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e da Escola Municipal de Musica “Mestre Inocentes Camaño”.

O contedor maior acolle o auditorio propiamente dito e as dependencias estreitamente relacionadas con el. Conta cun gran vestíbulo principal en dobre altura e percorrido por dúas grandes escaleiras de acceso as distintas entradas das bancadas do anfiteatro. Dispón de almacéns, oficinas administrativas, catro camerinos, dous deles de grandes dimensións, unha magnifica sala de representacións e unha sala de exposicións.

 

Director: Juan José Pérez Estevez, Técnico cultural del Ayuntamiento de Cangas.

 

Sala - Teatro

salaO auditorio dispón dunha gran sala de representación con cabida para 690 espectadores. Ten 402 butacas en platea distribuídas en 13 de 32 butacas cada unha, o que tradúcese nunha proximidade idónea entre público e escena. O anfiteatro e os palcos teñen un total de 288 butacas. O escenario de 17 x 17 metros de embocadura, 19 metros de fondo e 16 metros de altura coa súa tremoia correspondente consistente nunha cámara negra formada por patas a ambos laterais, bambolinas e foro.

A capacidade da sala unido, as dimensións do escenario e a excelente acústica, fan do conxunto un lugar privilexiado para deleitarse do teatro a música e a danza.

Plano de distribución de Butacas: PDFPlano (96 KB)

 

Sala de exposición

O terceiro andar do edificio acolle unha sala de exposición caracterizada pola influencia da luz natural e das excelentes vistas. Ten forma cuadrangular con dúas paredes dominadas por grandes cristaleiras; presenta unhas dimensións de 1000 m² de superficie e 72 metros lineais de parede acondicionada para colgar obra artística.

 

Horario de visita: de 17 a 21:30 horas de Martes a Sábado (Domingo e Luns pechado por descanso do persoal.)

 

Actividade

Dende a súa apertura o auditorio ten dunha programación continua a estable o longo do ano.

Durante o primeiro semestre caracterízase por ofrecer semanalmente, un mínimo dun espectáculo profesional (preferentemente o sábado). Prográmanse ciclos de música, teatro ou danza; dita programación é confeccionada e financiada pola Concellería de Cultura e Educación deste Concello co patrocinio da Rede Galega de Teatros a Auditorios de Galicia (I.G.A.E.M.), e a entidade Caixanova, e conta coa colaboración de diversas entidades culturais do municipio.

Na primeira quincena de xullo o auditorio acolle a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, manifestación cultural de primeiro orde que naceu en 1984 e que se celebra tódolos anos, e xunto coa de Ribadavia son as dúas mostras máis importantes de Galiza. A Mostra ten unha duración mínima dunha semana e o auditorio acolle todos os días unha representación teatral.

Da segunda quincena de xullo a segunda quincena de setembro, como é habitual na maioría dos teatros, redúcese a programación coincidindo co período de vacacións por excelencia, nestes meses a programación perde o seu carácter semanal concentrándose os espectáculos na 2ª quincena de Agosto dando cabida ás principais actuacións culturais das Festas patronais , destacando o Festival de Bandas de Música Populares e o prestixioso festival “CanJazz”.

Durante o mes de outubro, celébrase no Auditorio a Mostra de Danza "Outubro en danza" caracterizada por ofrecer ó público un espectáculo de danza profesional cada sábado do mes, mesturando danza contemporánea, tradicional, danza-teatro....

Durante os meses de novembro e decembro, o auditorio contempla unha programación estable e moi heteroxénea intercalando espectáculos musicais con teatro afeccionado e profesional, maxia, festivais benéficos de caracter popular etc. Destacando pola súa importancia a Mostra de Teatro para Nenas e Nenos na última semana de decembro e os tradicionais concertos de Nadal.

 

 

Público

A asistencia de público aos distintos espectáculos programados e moi elevada, e varía en función de cada unha das propostas destacando a afluencia de público á Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a Mostra de Teatro para Nenas e Nenos así como espectáculos puntuais de gran renome e prestixio. Anualmente acoden ao auditorio unha media de arredor de 30.000 espectadores.

 

subir

 

Equipamento técnico

Plano de escenario

PDFPlano do auditorio (130 KB)

 

 

Dotación escénica do auditorio municipal de Cangas

entrada Cámara negra.

Telón negro de fondo de 7 x 14 metros con abertura en medio
5 Pares de patas laterais de 7 X 2,5 metros cada unha
4 Bambolinas de 3 X 10 metros
Telón de boca

 

entrada Estrutura.

Estrutura escénica soportada por 4 motores de 500 Kg cada un (marca Hitachi) formada por un rectángulo trust cuadrangular Prolyte x30v de 6 X 10 metros con dúas varas móbiles de trust triangular Prolyte x30d de 10 metros cada unha. Así mesmo dispón dunha vara colocada nunha troneira sobre o patio de butacas para a luz frontal.

 

entrada Equipo de iluminación.

20 Proxectores PC ldr-aria 1000 w., con palas.
6 Proxectores PC Aria 2000w., con palas.
5 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 14º-35º.
4 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 25º-50º. 2 Recortes ETC 750w. 25º-50º.
12 Proxectores tipo par-64. Lente nº5.
12 Proxectores asimétricos 1000w.
48 Canais de Dimmer. Strong. 3000 w por canal con splitter.
Mesa de control de iluminación LT HYDRA Scan Standard, con 250 canles.
12 Mangueiras multiconectoras movibles repartidas pola estrutura, de 7 canles cada unha cun total de 84 circuítos dispoñibles.

 

entrada Equipo de son.

Mesa de son: SOUNDTRACS TOPAZ 14-4, con 10 canles mono e 2 canles estéreo.
2 Caixas de son ESCENIC de 350w (RMS).
2 Monitores de son ESCENIC de 100w (RMS).
3 Micrófonos con soporte.
1 Reprodutor de CD.

 

subir

 

 

Galería fotográfica do Auditorio

Auditorio de Cangas Auditorio Auditorio
     
Auditorio    

 

 

 

subir

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050