• 1 Costa da Vela
    Cabo home
    coas illas Cies ao fondo,...
  • 1 Rodeira
    Vista dende a praia de Rodeira,
  • 1 Praia de Barra
    na enseada de Nerga,
castellano   galego     26/05/2017   
Concello de Cangas , 986 300 050

Boletín Oficial de Pontevedra

Vive o Morrazo

Boletín Oficial de Pontevedra

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

oficina virtual tributaria

sede_electronica

 

axenda_alcaldia

 

Espazo de Transparencia

www.llega800.es

Praias

Horario Transporte Hospital Álvaro Cunqueiro

Auditorio de Cangas

Bibliotecas Públicas de Cangas

Cangas deporte

Mancomunidade morrazo

teatro

prox orquestral

galería fotográfica

proyecto

Proyecto Aparcamiento Provisional UA-5 Reboredo

Proyecto Acceso al Aparcamiento Provisional UA-5 Reboredo

 

O tempo en Cangas

 

anuncios do concello

PRESENTACIÓN IV CAMPIONATO ESCOLAR DE REMO INDOOR

cangas Cangas, 24/05/2017

Esta mañá tivo lugar a presentación do IV Campionato Escolar de Remo Indoor na Casa da Xuventude. O evento terá lugar este sábado 27 de maio no Pavillón de Deportes de Rodeira, en horario de 10:30 a 13:30 horas e con entrada gratuíta.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

PROGRAMA XIII XORNADAS INTERCULTURAIS 2017

cangas Cangas, 19/05/2017

1.-ACTIVIDADES CENTROS ESCOLARES CINE INTERCULTURAL: Proxección de "A viaxe de Arlo". 30 maio 10:00 horas. Auditorio Municipal, para escolares de 1º e 2º de Primaria. Participan: CEIP Nazaret, Colexio Compañía de María.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

ENTREGA DE DIPLOMAS DO PROGRAMA CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0.

cangas Cangas, 19/05/2017

Esta mañá, o Salón de Plenos do Concello de Cangas acolleu a entrega de diplomas as persoas participantes no programa de Correspondentes Xuvenís 3.0.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

"Conservatorio Profesional de Cangas: Inscricións para 1º Grao Elemental e 1º Grao Profesional do 12 ao 15 de xuño".

cangas Cangas, 19/05/2017

1º CURSO GRAO ELEMENTAL LOE. CURSO 2017/2018. TROMPETA 1 PRAZA PERCUSIÓN 1 PRAZA VIOLONCHELO 1 PRAZA CLARINETE 1 PRAZA SAXO 1 PRAZA

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Programación Día do Mercado"

cangas Cangas, 18/05/2017

Actividades a realizar: Mercadiño solidario no segundo andar da Praza de Abastos e actuación musical segundo o seguinte detalle: 10:00 - 11:00h Montaxe dos postos. 11:00 - 13:30h Mercadiño das asociacións

ampliarAmpliar información

 

 

 

PRESENTACIÓN XII TROFEO VILA DE CANGAS DE TAEKWONDO

cangas Cangas, 16/05/2017

Este martes, día 16 de maio, tivo lugar a presentación do XII Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo na Casa da Xuventude. O evento terá lugar este domingo 21 de maio, aproveitando unha fin de semana sen competicións de taekwondo. A cita deportiva será no Pavillón Municipal de O Gatañal, en horario de 10:30 a 13:45 horas e con entrada gratuíta.

ampliarAmpliar información

 

 

 

PRESENTACIÓN DO XIII TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

cangas Cangas, 15/05/2017

Esta mañá tivo lugar a presentación do XIII Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en Pista, organizado polo Club de Atletismo Vila de Cangas, na Casa da Xuventude. O Trofeo terá lugar o mércores 17 de maio en horario de mañá, de 9:45 a 13:30 horas no Estadio Municipal de Atletismo, e reunirá a preto de 300 atletas de toda a comunidade autónoma.

ampliarAmpliar información

 

 

 

PRESENTACIÓN XIII TORNEO ALEVÍN DE FÚTBOL 8 - ALONDRAS C.F.

cangas Cangas, 15/05/2017

Esta mañá tivo lugar a presentación do XIII Torneo Alevín de Fútbol 8 - Alondras C.F. na Casa da Xuventude de Cangas. O Torneo terá lugar o mércores 17 de maio a partir das 10:00 horas no Campo de Fútbol do Morrazo e reunirá a 12 equipos que competirán en dous grupos de 6 equipos cada un.

ampliarAmpliar información

 

 

 

ÉXITO NA IMPLANTACIÓN DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE CANGAS

cangas Cangas, 12/05/2017

A Sede Electrónica, impulsada desde a Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo, está dispoñible no Concello de Cangas desde o mes de marzo, habilitada para a presentación de documentos e solicitudes en liña, e para a realización de comunicacións relativas a trámites e asuntos de competencia municipal.

ampliarAmpliar información

 

 

 

Enredos de verán amplía o prazo de inscrición para as familias con fillos/as cunha discapacidade superior ao 33%

cangas Cangas, 12/05/2017

As Concellarías de Xuventude e Voluntariado, Ensino e Deportes e Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade deciden ampliar o prazo de inscrición para as familias con menores que teñan unha discapacidade superior ao 33% e non precisen de axuda dunha terceira persoa.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

ÚLTIMA SEMANA PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA "ENREDOS DE VERÁN"

cangas Cangas, 09/05/2017

O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza por segundo ano o programa ENREDOS DE VERÁN 2017, que ten coma obxectivos principais:

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"DE PONTEVEDRA A RÍO 2016" CHEGA A CANGAS

cangas Cangas, 09/05/2017

O Auditorio Municipal de Cangas acollerá a exposición itinerante "De Pontevedra a Río 2016" entre os días 10 e 21 de maio. A mostra, que será inaugurada mañá mércores día 10 de maio ás 13:30 horas no Auditorio Municipal pola Deputada de Deportes, Chelo Besada, e o Alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, é toda unha homenaxe da Deputación de Pontevedra ao deporte olímpico e parolímpico da provincia.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CIUDAD CIENCIA VOLVE A CANGAS CUNHA CONFERENCIA SOBRE MÉTODOS ALTERNATIVOS AOS PRODUTOS FITOSANITARIOS.

cangas Cangas, 03/05/2017

Continuando coas actividades que o Concello de Cangas ven desenvolvendo no marco da iniciativa de divulgación científica Ciudad Ciencia, este próximo luns 8 de maio, ás 20:00 horas, o Salón de Plenos do Concello acollerá unha conferencia a cargo do científico do Instituto de Ciencias Agrarias (CSIC) Alberto Fereres, co título "Métodos alternativos sustentables e respectuosos co medio ambiente para o control de pragas e enfermidades dos cultivos ".

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

ESFORZO ORZAMENTARIO EN CANGAS PARA A REFORMA DO CEIP SAN ROQUE

cangas Cangas, 03/05/2017

Partindo da reforma de centros cunha tipoloxía semellante, que no seu momento foron vangardistas pero que sufriron o deterioro do paso do tempo, púxose en marcha un proxecto de eficiencia enerxética no CEIP San Roque de Darbo que supuxo unha renovación integral das instalacións (ventás, persianas, luminarias, falsos teitos, caldeiras, etc.) na procura do benestar e confort do alumnado.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

A EXPOSICIÓN ITINERANTE "CONTAS CLARAS DE CANGAS" TRASLÁDASE Á ESCOLA VELLA DE O HÍO DO 4 AO 10 DE MAIO

cangas Cangas, 02/05/2017

Despois da súa inauguración o xoves día 20 de abril no Auditorio de Cangas, a exposición Contas Claras de Cangas, trasládase ao seu segundo emprazamento na Escola Vella de O Hío, onde permanecerá do 4 ao 10 de maio.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

Este xoves, último día para visitar a exposición do Libro ELAS de Aurora Marco

cangas Cangas, 25/04/2017

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade informamos que este xoves 27 de abril remata o prazo para poder visitar a exposición Elas, inaugurada o pasado 6 de abril na Casa da Cultura de Cangas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

Obradoiro de Autodefensa Feminista

cangas Cangas, 24/04/2017

Concello de Cangas a través da Concellería de Servizos sociais, Igualdade e Sanidade en colaboración co Consello de Igualdade vai impartir un obradoiro de Autodefensa Feminista o vindeiro sábado 20 de maio de 11:00h da mañá ás 14:00h en Cangas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

Por segundo ano chega a Cangas e Aldán o programa"Enredos de verán"

cangas Cangas, 24/04/2017

O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza por segundo ano o programa ENREDOS DE VERÁN 2017, que ten coma obxectivos principais:

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN "CONTAS CLARAS DE CANGAS" E CONVERSAS PARA PÓR EN MARCHA ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS NO CONCELLO GALEGO

cangas Cangas, 19/04/2017

Este xoves día 20 de abril inaugúrase ás 20 horas na entrada do Auditorio de Cangas a exposición Contas Claras de Cangas, unha exposición coa que dar a coñecer o funcionamento das arcas municipais así como os investimentos realizados na actual lexislatura (ano 2016 e a previsión do ano 2017).

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

CERTAME ILMO. CONCELLO DE CANGAS DE CARTEIS DAS FESTAS DO CRISTO 2017

cangas Cangas, 19/04/2017

BASES: O obxeto deste cerame é seleccionar o cartel para empregar na promoción das Festas do Cristo 2017, que organiza o Concello de Cangas. Neste certame poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen

ampliarAmpliar información

 

 

 

Presentación do libro de Calros Solla "Así aprenderán a non ter ideas", o vindeiro mércores 19 de abril no Salón de Plenos ás 20:00 horas. GALEGO

cangas Cangas, 11/04/2017

Calros Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É profesor de historia e lingua galega, etnógrafo e escritor. Membro fundador do colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende. Membro da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

IX TORNEO BENXAMÍN- PREBENXAMÍN DE FÚTBOL 8 ALONDRAS C.F. GALEGO

cangas Cangas, 11/04/2017

Este martes, día 11 de abril, tivo lugar a presentación do IX Torneo Prebenxamín-Benxamín de Fútbol 8, o primeiro dos dous torneos a nivel base que organiza o Alondras C.F.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CICLO DE TEATRO AFECCIONADO DO MORRAZO (CITEAMOR) GALEGO

cangas Cangas, 03/04/2017

O vindeiro martes 4 de abril comeza o Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo CITEAMOR. O pregón será a cargo de Xosé Vázquez Pintor, un dos pioneiros do teatro amador en Cangas. O CITEAMOR é un ciclo humilde cun obxectivo comarcal e integrador, pois participan 7 grupos de adultos, 5 adolescentes e DOA Saúde Mental. Participan 13 grupos de teatro, 11 do Morrazo, abarcando os pobos de Moaña, Bueu, Marín e Cangas. Dous convidados abrirán e pecharán o ciclo, ambos con integrantes da comarca: Eu.Experimento, grupo que nace no Instituto Camões de Vigo, e Avelaíña Teatro.

ampliarAmpliar información

 

 

 

PLAN CONCELLOS 2017

cangas Cangas, 03/04/2017

O goberno local aprobou este pasado luns na Xunta de Goberno local unha proposta da Concellaría de Obras e Servizos cos proxectos para remitir á Deputación Provincial con cargo ao Plan de Concellos 2017 da Depo,

ampliarAmpliar información

 

 

 

Manual de uso da Sede Electrónica do Concello de Cangas GALEGO

cangas Cangas, 03/04/2017

ampliarAmpliar información

 

 

 

VISITA Á COCIÑA CENTRAL DE COMEDORES ESCOLARES GALEGO

cangas Cangas, 03/04/2017

O pasado mércores, día 29 de marzo de 2017, ás 17:00 horas, a Concellaría de Ensino e unha representación das Anpas (representantes das Federacións de Anpas A Gameliña, representantes das Anpas dos Ceips A Rúa, Espiñeira, Nazaret e O Hío) visitaron as instalacións de ARUME - Cociña Central - da Empresa adxudicataria do Servizo de Comedores dos centros educativos nomeados, situada no entorno do Polígono de Navia - Vigo -.

ampliarAmpliar información

 

 

 

"O CONCELLO DE CANGAS ÚNESE Á CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE" GALEGO

cangas Cangas, 03/04/2017

Para facilitar a colaboración de toda a veciñanza canguesa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase ata o noso Concello, permanecendo o mércores 5 de abril en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas na Alameda.

ampliarAmpliar información

 

 

 

"DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO" GALEGO

cangas Cangas, 28/03/2017

No día de hoxe tivo lugar a presentación do programa de actividades previstas para a celebración do #DíaMundialdoAutismo, contando coa presenza da Concelleira de Servizos Socias de Moaña, María Ortega, o Concelleiro de Servizos Sociais de Cangas, Tomás Hermelo, o Concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, e representantes de Autismo Morrazo, Fecimo e profesorado do Colexio Compañía de María.

ampliarAmpliar información

ampliarPrograma

 

 

 

ATALAIA ACHEGA AÍNDA MÁIS A ARTE CONTEMPORÁNEA AO POBO DE CANGAS CUNHA VISITA GUIADA E OBRADOIROS

cangas Cangas, 27/03/2017

Continúa na Vila de Cangas o proxecto Atalaia e desta vez desembarca con dúas novas propostas, unha visita guiada ás exposicións do proxecto e uns obradoiros na praza de abastos.

ampliarAmpliar información

 

 

 

PRESENTACIÓN DOS ACTOS DA SEMANA SANTA DE CANGAS DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO

cangas Cangas, 27/03/2017

As confrarías presentan un programa ampliado e con novidades para este evento declarado de "Interese Turístico Galego" co obxectivo de ser declarado e recoñecido de "Interese Turístico Nacional".

ampliarAmpliar información

ampliarPrograma

 

 

 

PRESENTACIÓN DE "PRIMAVERA EN RUTA"

cangas Cangas, 27/03/2017

Despois do éxito rotundo das rutas guiadas gratuítas do "Verán en ruta", "Sábados en Ruta", "Outono en Ruta", "Inverno en Ruta" e "Roteiro de Donón", nadas da colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente e Turismo e "A Illa dos Ratos", nace un novo proxecto de colaboración encamiñado a manter as rutas que tan ben funcionaron en anteriores edicións do programa pero facendo algunhas incorporacións novas.

ampliarAmpliar información

ampliarPrograma

 

 

 

XXII EDICION BIENAL ARTE NO MORRAZO

cangas Cangas, 24/03/2017

O Concello de Cangas e Frigoríficos del Morrazo convocan a Bienal "Arte no Morrazo", co fin de fomentar as Belas Artes e estimular a creatividade, divedrsificándose nun Premio-Beca, en colaboración coa Facultade de BB.AA. de Pontevedra, Universidade de Vigo, segundo as seguintes BASES:

ampliarBases

ampliarFormulario de participación

 

 

 

XVIII BANDEIRA CONCELLO DE CANGAS DE BATEIS

cangas Cangas, 23/03/2017

O Club de Remo Vila de Cangas ven de presentar a "XVIII Bandeira Concello de Cangas de Bateis" que terá lugar o vindeiro sábado 25 de marzo a partir das 16:00 horas na escollera do Porto de Cangas.

ampliarAmpliar información

 

 

 

PRESENTAMOS A SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE CANGAS

cangas Cangas, 22/03/2017

A Concellaría de Participación veciñal, Transparencia e Asociacionismo quere anunciar que xa está dispoñible no Concello de Cangas a sede electrónica para a presentación de documentos e solicitudes, en liña, para a realización de comunicacións relativas a trámites e asuntos de competencia municipal.

ampliarAmpliar información

 

 

 

"VIVENDAS DE USO TURÍSTICO"

cangas Cangas, 20/03/2017

A Concelleira de Medio Ambiente e Turismo quere pronunciarse sobre o novo decreto de regulación de vivendas de uso turístico. Tras varias reunións coa veciñanza que conta con vivendas de uso turístico, Tania Castro, concelleira de medio ambiente e turismo, quere expor unhas cuestións básicas que se veñen repetindo en tódalas reunións:

ampliarAmpliar información

 

 

 

XORNADAS EDUCATIVAS: Videoxogos, xogos on line e apostas na Rede

cangas Cangas, 14/03/2017

XOVES 16 MARZO 2017 - 18.30 horas - Salón de Plenos Concello de Cangas "Videoxogos, xogos on line e apostas na Rede. Unha visión práctica e humana do xogo entre os adolescentes" ANTONIO RIAL BOUBETA, Profesor da USC

ampliarAmpliar información

 

 

 

"DEPO AVENTURA A LANZADA 2017"

cangas Cangas, 13/03/2017

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cangas informa que a Deputación de Pontevedra abre o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán subvencionados, "Depo Aventura A Lanzada 2017", con 2.200 prazas con aloxamento e pensión completa para nenos e nenas de 8 a 13 anos, que se desenvolverá do 25 de xuño ao 9 de setembro

ampliarAmpliar información

 

 

 

RECOLLIDA FIRMAS DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE CANGAS

cangas Cangas, 07/03/2017

Foron 5.150 as firmas recollidas durante estes últimos meses pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas. Firmas que plasman as inquietudes, enfados e indignación da veciñanza canguesa.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN AUDITORIO MUNICIPAL

cangas Cangas, 06/03/2017

O pasado venres presentouse no Salón de Plenos do Concello a estupenda programación do Auditorio Municipal que corresponde especificamente á Rede Galega de Teatros e Auditorios e que se representarán en Cangas entre o 12 de marzo e o 20 de maio.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

cangas Cangas, 03/03/2017

Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade presentamos o programa elaborado con motivo do Día Internacional das Mulleres en colaboración co Consello Municipal de Igualdade e coa Concellería de Cultura e Normalización Lingüística.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

O Proxecto Atalaia desembarca en Cangas do Morrazo

cangas Cangas, 02/03/2017

O Proxecto Atalaia desembarca en Cangas do Morrazo a arte contemporánea como símbolo de identidade cultural. O Auditorio, Casa da Cultura e a Praza de Abastos do Concello encheranse de arte contemporánea este sábado día 4 de marzo.

ampliarAmpliar información

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

© 2013 Concello de Cangas | Aviso Legal | Mapa web
Avenida de Castelao 2, Cangas
Telf: 986 300 050